Por cada quilo de vidro reciclado nos 2 contedores rosas instalados na alameda, Ecovidro doará 1 euros para loitar contra o cancro de mama
O Concello de Noia vén de sumarse á campaña “Recicla vidrio por ellas”, posta en marcha por cuarto ano consecutivo por Ecovidrio. Unha iniciativa que ten como obxectivo mobilizar á veciñanza na reciclaxe de vidro ao tempo que contribúen cunha causa solidaria como é loitar contra o cancro de mama.
A concelleira de Medio Ambiente de Noia, Ángela Neri, explica que “dende hoxe están emprazados na alameda, a carón do parque infantil, dous iglús rosas nos que, por cada quilo de envases de vidro que os veciños e veciñas de Noia depositen neles, Ecovidro doará un euro á Fundación Sandra Ibarra de Solidariedade fronta ao Cancro”.
Por iso, a concelleira anima á veciñanza a participar nesta iniciativa pois “por cada botella que depositen nestes dous contedores rosas estaremos non só axudando a protexer o noso medio ambiente, senón tamén a loitar contra o cancro de mama”.