O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentou no inicio deste obradoiro a oferta que haberá este ano na comarca Ferrol
O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, asistiu en As Pontes ao inicio do obradoiro promovido polo concello de Ferrol en colaboración con As Pontes. de García Rodríguez Concretamente, este municipio organiza o obradoiro “Pontes de Emprego III” orientado á confección e publicación de páxinas web. En total, neste obradoiro a Xunta investirá máis de 115.000 euros ofertando en total 12 prazas.
O obxectivo deste obradoiro será confeccionar a páxina web da área de emprego do concellos de As Pontes de García Rodríguez na que os usuarios poderán acceder a numerosa información tanto local, como autonómica ou estatal relativa a emprego.
Ovidio Rodeiro destacou “a importancia destes cursos e a boa acollida que teñen entre os alumnos porque o nivel de reinserción laboral é moi alto e en moitos casos os participantes atopan traballo durante a celebracións dos mesmos porque se centran en ámbitos con amplía demanda laboral”. Ademais, engadiu, “as empresas locais xa coñecen o éxito e a boa calidade da formación que se imparte polo que ven estes cursos moi atractivos para atopar xente ben formada nas áreas que lles interesan”.
O representante do goberno autonómico informou que os municipios da área de Ferrol contarán en 2018 cun total de 7 obradoiros de emprego, 4 deles de carácter dual, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 3 de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá en políticas activas de emprego 1,4 millóns de euros.
Os obradoiros duais terán lugar en Cabanas, compartido con Pontedeume e Monfero, As Pontes de García Rodríguez, Ares, compartido con Fene, Cabanas, Mugardos e Neda e Ferrol. Pola súa banda, os obradoiros do Sistema de Garantía Xuvenil, realizaranse dous en Ferrol, un deles compartido con As Pontes, e en Fene, compartido con Ares, Cabanas, Neda e Mugardos.
Estes obradoiros permitirán que un total de 116 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais serán de 9 meses e os de Garantía Xuvenil de 6 meses.
A principal novidade é que os participantes nos obradoiros duais poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, e terán despois a posibilidade de contar cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. O obxectivo é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente os do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación.
A nivel provincial, os 38 obradoiros de emprego que se organizan na Coruña permitirán a formación de 682 alumnos-traballadores, grazas a un investimento de máis de 9,3 millóns de euros
Os obradoiros centraranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.