O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes iniciou esta semana as novas xornadas preparatorias para a obtención dos niveis 2 e 4 do Celga. As clases, cunha duración total de 20 horas, desenvolveranse ao longo deste mes e finalizarán a principios de novembro. Nelas participan máis dunha ducia de persoas.