A concelleira de Educación, Susana García, deu a benvida aos máis de trinta alumnos e alumnas que forman parte do novo curso de Educación Secundaria para persoas adultas. A edil felicitounos pola decisión de continuar cos seus estudos e animounos a “aproveitar esta nova oportunidade para mellorar o seu futuro profesional”. Na tarde de onte tamén mostrou a súa satisfacción pola paridade do alumnado, ademais de lembrarlles a súa predisposición para axudar en calquera aspecto que contribúa a mellorar o desenvolvemento do dito curso.