Friday 22 de November de 2024

A Casa da Cultura de Lousame acolle este domingo “Sherlock Holmes”, un espectáculo de maxia teatralizada de Cayetano Lledó


A actuación, dirixida a un público familiar, terá lugar ás 19:00 horas. Entrada libre e de balde ata completar aforo

A Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 30 de setembro, ás 19:00 horas, a posta en escena de “Sherlock Holmes”, da man de Cayetano Lledó. Trátase dun espectáculo de maxia teatralizada, con moito humor e recomendada para un público familiar. A entrada será totalmente libre e de balde ata completar aforo.

“Sherlock Holmes” é un espectáculo de ilusionismo teatral no que Cayetano Lledó mestrua comedia, maxia musical, manipulación de cartas, malabarismo, clown, mentalismo e mesmo hipnose. Todo baixo a famosa personaxe de sir Arthur Conan Doyle, que tratará de atopar aos responsables do roubo dunhas xoias na mansión dos Patterson, onde son sospeitosos tanto o persoal que traballa na casa coma todos os que estiveran nas proximidades da vivenda o día do roubo. Coa axuda do público lousamiá, Lledó tentará descubrir o culpable e recuperar as xoias.

Cayetano Lledó é produtor, distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación que basea as súas obras na comedia e na maxia cómica. Ten participado en moitos festivais internacionais de ilusionismo e na actualidade preside a Asociación de Magos Profesionais de Galicia.