Thursday 21 de November de 2024

A Deputación pon en marcha a súa campaña de esquí que este ano chegará a 600 nenos e nenas da provincia


O prazo para apuntarse remata o 19 de decembro e os cursos desenvolveranse entre o 30 de xaneiro e o 8 de marzo

A Deputación da Coruña pon en marcha un ano máis a campaña invernal de esquí para os rapaces e rapazas dos 93 municipios da provincia. Nesta ocasión incrementase as prazas para chegar a 600 nenos e nenas da provincia en quendas de cen.

O prazo para inscribirse xa está aberto e a data límite será o 19 de decembro a través dos concellos. Poden participar persoas nadas nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005.

A campaña consiste nunha viaxe a Manzaneda, a estancia de fin de semana na estación de esquí e os cursiños con monitores para que a xuventude teña un primeiro contacto con este deporte. Ademais, tamén se inclúen o aluguer de material, os remontes mecánicos e os seguros.

Os participantes sairán de distintos puntos segundo o municipio do que procedan e volverán o domingo ao finalizar o curso da tarde.

O programa comezará o 30 de xaneiro cos concellos de Ares, As Somozas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño. Rematará o fin de semana do 6 de marzo.

As quendas son:

• Do 30/1 ao 1/2: Ares, As Somozas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño.

• Do 6/2 ao 8/2: Ames, Boqueixón, O Pino, Ordes,Oroso, Santiago de Compostela, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.

• Do 13/2 ao 15/2: A Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.

• Do 20/2 ao 22/2: A Capela, Abegondo, Aranga, Arzúa, As Pontes, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Cabanas, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa,
Melide, Mesía, Miño, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar.

• Do 27/2 ao 1/3: A Baña, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Brión, Carnota, Dodro, Lousame, Muros, Negreira, Noia, Outes, Padrón, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois e Santa Comba

• Do 6/3 ao 8/3: Arteixo, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carral, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Finisterre, Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Tordoia, Vimianzo e Zas.