Thursday 21 de November de 2024

A maxia de ‘A nena feiticeira’ enche a biblioteca de Ordes


Unha vez máis as Tardes de contos e lendas convertéronse na actividade lúdica de maior éxito no Concello de Ordes ao longo desta fin de semana. A biblioteca municipal recibiu a visita de decenas de nenos e nenas de entre 3 e 8 anos que, acompañados de pais, nais, avós etc, desfrutaron coa maxia do relato ‘A nena feiticeira’. Nesta ocasión o relato correu a cargo da ONG Médicos sin Fronteras, que ademais conta cunha exposición fotográfica na mesma biblioteca.