O Pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade a Conta Xeral de 2017, despois de que non rexistrara alegación algunha durante a súa exposición pública. Unha sesión extraordinaria convocada para aprobar e remitir ao Consello de Contas esta documentación e na que se aproveitou para aprobar a acta da sesión do pasado 12 de setembro e dar conta do decreto sobre liñas fundamentais do Orzamento 2019 remitido ao Goberno nacional para o cálculo do déficit.