O vindeiro sábado, 29 de setembro, o alcalde de Ordes así como varios membros do seu equipo de Goberno estarán de 10 a 13 horas á disposición da cidadanía no mesmo Concello. Como cada última fin de semana do mes terá lugar o chamado Sábado de portas abertas do Goberno local, iniciativa dirixida á veciñanza para facilitar o contacto directo cos edís e co rexedor local. Un xeito especialmente pensado para aquelas persoas que non poden acudir ao Concello nos horarios establecidos durante os días laborables. Aínda que non é preciso solicitar cita previa quen o desexe pode facelo chamando ao 981 680 002, extensión 0.
Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de contactar con Alcaldía a través do correo electrónico habilitado na páxina web do Concello de Ordes, http://www.ordes.gal, así como na App oficial do Concello de Ordes, a cal se pode descargar a través do seguinte enlace: http://bit.ly/2kdhWXk.