Friday 22 de November de 2024

Patrimonio autoriza as obras de conservación e mantemento da Batería Alta do Castelo de San Felipe


O Consello Territorial de Patrimonio da provincia de A Coruña informou favorablemente a proxectos e actuacións nos concellos Ferrol, Ortigueira, Pobra do Caramiñal, Cee, Porto do Son e San Sadurniño

O Consello Territorial de Patrimonio de Galicia deu o visto bo a varios proxectos e actuacións na provincia. Concretamente, na comarca de Ferrol autorizáronse na cidade as obras de conservación e mantemento da Batería Alta do Castelo de San Felipe, condicionadas a que se respecten unha serie de requerimentos técnicos; en San Sadurniño autorizouse o acondicionamento do alumeado exterior de diversas instalacións do Concello e en Ortigueira aprobouse a reparación da cuberta da piscina municipal e a rehabilitación do antigo mercado na praza Isabel II, co requisito de que reubiquen parte da iluminación.

Dende o Consello territorial autorizouse tamén na comarca do Barbanza a restauración do Cruceiro de San Isidro en Pobra do Caramiñal e en Porto do Son deuse autorización a un obradoiro de carpintería para a instalación dun peche perimétrico de madeira aos colectores de lixo existentes ao longo da estrada AC-550 xunto coa autorización para actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, cun control arqueoloxía pola súa cercanía ao Castro de Baroña, dous petroglifos e unhas mámoas.

Ademais, en Cee deuse o visto bo á restauración da cuberta da Torre do Reloxo, retirada de canlóns existentes e colocación duns novos no IES Fernando Blanco