Marta Míguez asegurou, -no marco da presentación do balance dos tres primeiros anos do programa ABANCA Deporte Base- que en Galicia temos a mellor materia prima e o mellor producto que son os nosos deportistas e o Deporte Galego.
Marta Míguez, Secretaria Xeral para o Deporte e Presidenta da Fundación Deporte Galego, felicitou ao Presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, por investir nos xóvenes deportistas galegos.
A SXD expresou a súa satisfacción polos excelentes resultados dos tres anos de colaboración con ABANCA a través do Plan de Patrocinio de Equipos de Alta Competición da Fundación Deporte Galego, unha iniciativa que se puxo en marcha na tempada 2008-2009 e a que ABANCA se sumou no ano 2015 beneficiando a día de hoxe a un total de 1.325 equipos de 25 modalidades deportivas. As axudas de ABANCA chegan, a día de hoxe a un total de 14.611 xóvenes deportistas galegos inscritos no seu programa de Deporte Base.
Marta Míguez resaltou “a relación simbiótica entre o Deporte e a Empresa “ e felicitou que esta relación de beneficio mutuo se dé claramente entre o DEPORTE GALEGO e ABANCA. A Secretaria Xeral para o Deporte asegurou que “a asociación das marcas aos valores positivos do deporte como benestar, hábitos saudables, xestión do tempo, familia, traballo en equipo ou superación entre outros, repercute na boa imaxe da empresa, na sua notoriedade, as oportunidades de comercializacion, e sobre todo, supón unha diferenciación coa competencia do mesmo sector”.
No acto, no que estiveron presentes un centenar de xóvenes deportistas, adestradores e responsabeis dos clubs beneficiarios, Marta Míguez felicitou a Juan Carlos Escotet por ter tomado “tan boa decisión” porque “ temos o mellor producto que existe e a mellor materia prima que son o Deporte Galego e os nosos deportistas” e, ao mesmo tempo porque “investir en deporte é unha fórmula xeradora de negocio, como demostra o Informe de impacto mediático levado a cabo pola Univ. de Vigo”.
Marta Míguez lembrou que “falamos dun deporte seguro e protexido no que a Xunta garante o seguro deportivo para todos/as as deportistas entre 6 e 16 anos estexan federados ou non” e sinalou que na Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia “creemos no deporte como motor de cambio social, promocionamos específicamente o deporte feminino nos convenios, en canto ao número de licenzas, visibilidade mediática, postos de dirección en clubs ou na igualdade de premios económicos en eventos deportivos o que demostra o noso afán por favorecer o progreso e a normalización neste ámbit
Antes de proceder o visionado da nova campaña de ABANCA Deporte Base, Marta Míguez expresou a súa convicción de que fomentar o deporte nos máis novos entre Abanca e a FDG garante “contar con bós/boas deportistas o día de mañá, así, as medallas serán unha consecuencia razonable pero, canto menos teremos unha poboación máis sana, cuns hábitos de vida saudables e consolidados que mellorarán a calidade de vida de todos os nosos cidadáns” conscientes de que “o deporte é a medicina máis potente do século XXI”.
A SXD felicitou aos directivos dos clubs/equipos e aos adestradores polo seu traballo e os os seus resultados e “por considerar o deporte como un medio e non solo como un fin, como un proceso e non solo un producto, como un camiño e non solo unha meta”.
Para concluir, Marta Míguez explicou que “ABANCA cumple, ao igual que a SXD co sentido etimolóxico da palabra patrocinar porque esta é a mellor misión que podemos ter: defender e protexer o DEPORTE GALEGO”.