Mércores 19, de 10 a 14.00h. e de 16 a 21.00h.Diante da Casa do Concello
Un dos autobuses da ADOS estará en Moeche durante toda a xornada do mércores 19 de setembro para facer extraccións de sangue.A unidade móbil da ADOS estará diante da Casa do Concello desde as 10.00 até as 14.00h. e de 16.00 a 21.00h. A doazón de sangue é un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para solucionar os problemas de saúde de moitas persoas e mesmo salvarlles a vida.
As doazóns fan falla todos os días para soster as necesidades da sanidade galega que, segundo o SERGAS, realiza unha media de 500 intervencións cirúrxicas, atende 2.700 urxencias e fai -tamén como promedio diario- tres trasplantes de órganos ou tecidos. Os homes poden doar un máximo de 4 veces ao ano e as mulleres 3, deixando pasar entre cada doazón un mínimo de 2 meses. Os requisitos principais son o de ter unha saúde normal, pesar máis de 50 quilos e ter unha idade comprendida entre 18 e 65 anos.
Para doar fai falla levar o DNI, deixar pasar alomenos 2 horas despois de almorzar ou xantar e informar ao persoal sanitario do autobús se se está tomando algún tipo de medicación.
A unidade móbil da ADOS estará diante da Casa do Concello desde as 10.00 até as 14.00h. e de 16.00 a 21.00h.