Friday 22 de November de 2024

O quinteto barroco Ensamble Continuo ofrecerá este luns o concerto inaugural do curso 2018/2019 da ESMU Magariños de Brión


O concerto terá lugar ás 19:00 horas no polivalente de Brión. A entrada é libre e de balde

A Escola Municipal de Música Magariños, en colaboración co Concello de Brión, organiza este luns 17 de setembro o concerto inaugural do curso 2018/2019, que terá lugar ás 19:00 horas no salón de actos do Centro Social Polivalente de Brión. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo.

O concerto correrá a cargo da agrupación musical Continuo Ensamble, un quinteto barroco que farán un percorrido pola música vocal e instrumental do sur de Alemaña durante o Barroco, entre 1585 ata 1760. “A música no Barroco alemán estivo marcado dende o seu inicio por dúas características: a influencia italiana ata 1720, especialmente no sur; e o sentir relixioso da Reforma Luterana que impregnou ao pobo alemán e a música en xeral. Isto orixinou coros de igrexa ou Kantorei que tanta importancia tería para o devenir musical posterior na propia música de Alemaña coma no resto de países occidentais”, explica Carlos Pintor, director da ESMU Magariños.

O quinteto barroco Ensamble Continuo está composto por os seguintes músicos: Paula Colás (violín), Sara Olianas (violín e viola), Guillermo Alzugaray (violonchelo). Patricia Pallas (clave e órgano) e Francisco Javier Álvarez (tenor). Interpretarán sete pezas dos autores Heinrich Schütz, Dieterich Buxtehude e Georg Philip Telemann.