Santiago Freire desexoulles unha produtiva campaña e ofreceu a colaboración do Concello de Noia
O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, visitou esta mañá a lonxa do Testal para interesarse polo inicio da campaña de marisqueo. Unha visita na que se reuniu co patrón maior Santiago Cruz, así como con membros da Confraría de San Bartolomeu de Noia.
Freire Abeijón desexoulles unha produtiva campaña, tanto en calidade como en prezo, e ofreceu a colaboración do Concello de Noia en todo aquilo no que sexa posible. Tras unha campaña histórica para o berberecho de Noia, o sector trasladoulle ao alcalde a súa confianza nunha boa campaña, aínda que todo dependerá de como se comporten os prezos.