Friday 22 de November de 2024

A Recoveira, O Botter e O Rincón del Chocolate gañadores dos premios Artemar 2018


A tenda Rincón del Chocolate e os bares Cafetería Botter e A Recoveira resultaron os gañadores do premio de Decoración de Escaparatismo, Decoración de Local Hostaleiro e Mellor Tapa logo da realización do escrutinio que se levou a cabo a pasada semana no Centro Cultural Lustres Rivas.

No mediodía de hoxe, o Alcalde de Riveira, Manuel Ruiz, acompañado polo concelleiro de turismo, Antonio Freire e o presidente da Asociación de Empresarios, Antonio Miranda fixeron entrega dos galardóns en cada un dos establecementos que se atopan no centro de Riveira.
O total de votos entre as tres categorías ascende a 781. O Rincón del Chocolate obtivo 28 votos de 206 emitidos en Escaparatismo (26 participantes); Cafetería Botter 88 de 271en Decoración de Locais Hostaleiros (5 participantes) e A Recoveira 137 de 304 na Mellor Tapa (5 participantes).
As persoas que votaron nestes concursos, participaron no sorteo de
12 lotes de conserva artesanal doados por Frinsa e que foron sorteados e entregados o último día da feira durante a tradicional
queimada, que organiza a Asociación Riveira se Escribe con V, na
Praza do Concello.