Os interesados na excursión a Salamanca o 29 e 30 de setembro teñen ata o próximo venres 14 de setembro para apuntarse
Un grupo de veciños e veciñas de Touro disfrutou o pasado venres, día 7 de setembro de 2018, dunha excursión ao Balneario de Cuntis. Os interesados que se apuntaron á viaxe de lecer saíron de Touro ás 15.00 horas e xa en Cuntis fixeron o circuito lúdico-termal de duas horas de duración. Ao final, os participantes, recoñeceron as bondades de ter participado nesta iniciativa organizada polo Concello de Touro, que tamén organizada unha excursión a Salamanca programada para os próximos 29 e 30 de setembro. Os interesados nesta viaxe ainda teñen tempo para apuntarse ata o venres próximo 14 de setembro. A excursión visitará Puebla de Sanabria, Salamanca e Zamora. Para máis información poden chamar ao teléfono: 981.814.566.