Friday 22 de November de 2024

Carlos Negreira, manifesta a súa dor e consternación pola morte en Madrid dun afeccionado do Real Club Deportivo Da coruña


En nome de todos os coruñeses, o alcalde, Carlos Negreira, manifesta a súa dor e consternación pola morte en Madrid dun afeccionado do Real Club Deportivo Da coruña, e traslada o seu fondo pesar a familiares e achegados do falecido.
O alcalde expresa a súa firme repulsa polos feitos acontecidos esta mañá nas inmediacións de Madrid Río, antes do partido entre o Atlético de Madrid e o Deportivo, e condena de forma contundente os lamentables feitos que, de forma absurda e incomprensible, converteron o que debería ter sido un acontecemento deportivo nunha traxedia humana, ademais de causar doce feridos.
A Xustiza debe actuar para investigar e esclarecer o acontecido, co obxectivo de que todo o peso da lei recaia sobre os autores da salvaxe agresión que causou o fatal desenlace.
Así mesmo, é necesario que, dunha vez por todas, clubs e organismos deportivos poñan en marcha actuacións para apartar e erradicar do fútbol delincuentes que buscan no deporte a escusa para practicar a violencia indiscriminada.
Carlos Negreira quere trasladar todo o seu apoio e forza os familiares e achegados do afeccionado coruñés nestes momentos de profunda dor. Así mesmo, ofrece todo o seu ánimo e apoio á extensa familia deportivista, que hoxe perdeu un dos seus.