Friday 22 de November de 2024

Mellora e modernización realizadas na fonte fervenza do Pazo da Ópera


A Concellaría de Infraestruturas informa das actuacións de mellora e modernización realizadas na fonte fervenza do Pazo da Ópera. Entre outras intervencións, os traballos incluíron a rehabilitación dos chorros centrais (retirada, limpeza, posterior pintado e instalación) e a colocación de dous novos elementos (fontes de auga escumosa).

Estas obras enmarcáronse dentro do contrato de mantemento integral de fontes ornamentais, estanques e caídas de auga (o presuposto de adxudicación deste servizo foi de 359.900 euros anuais). A maiores, no Presuposto Municipal de 2015, inclúense 20.000 euros, un 8% máis que este ano, para executar novo investimento na modernización das fontes ornamentais da cidade.