Friday 22 de November de 2024

Touro acolle o próximo sábado 8 de setembro o seu XX Slalom Concello de Touro


Touro acolle o próximo sábado día 8 de setembro, o seu XX Slalom Concello de Touro. A proba automovilística, xa clásica no panorama galego, é puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2018. O circuito da proba, organizada pola Escudería Touro Motor e patrocinada polo Concello de Touro, será sobre asfalto e está ubicado nas rúas de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. Os organizadores, como xa é de costume, confían na afluencia tanto de pilotos e escuderías de toda Galicia como de afeccionados ao automovilismo. Tamén apoian a proba a Federación Galega de Automobilismo e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

A proba comenzará o sábado 11 de novembro coas verificacións administrativas e verificacións técnicas. A presentación dos pilotos no parque pechado e a publicación da lista dos pilotos que tomarán a saída está prevista para as 11.00 horas. Ás 11.30 horas procederase a iniciar a saída dos participantes nos adestramentos libres. A primeira manga dos adestramentos oficiais comenzará ás 15.00 horas. As saídas da primeira e segunda manga oficial será cando remate a manga de adestramentos oficiais. Ao finalizar a segunda manga oficial publicaránse os resultados e a entrega de premios.

O Slalom Concello Touro, que xa cumple 20 anos celebrándose, forma parte dunha ampla oferta de actividades deportivas que se celebran anualmente no Concello de Touro, nun elevado número de casos ao aire libre. “Estamos satisfeitos da participación dos veciños e forasteiros e dos profesionais que, cada vez en maior número, acuden a participar nas probas deportivas que organizamos”, afirma el alcalde del municipio, Ignacio Codesido, quen espera unha numerosa afluencia de público durante o XX Slalom Concello de Touro.