Friday 22 de November de 2024

O tradicional magosto de Brión reuniu a centos de brioneses que deron boa conta de 180 quilos de castañas e 150 litros de chocolate


O Concello de Brión, en colaboración coa asociación de mulleres Xuntanza, celebrou na tarde/noite deste venres o seu tradicional magosto e chocolatada, que comezou ás sete da tarde e se extendeu ata ben entrada a noite. Durante ese tempo, máis dun milleiro de veciños e veciñas foron pasando pola carpa instalada na carballeira de Santa Minia.

Durante a festa se degustaron un total de 180 quilos de castañas asadas, 150 litros de chocolate quente e varios milleiros de churros que axudaron a quentar unha noite fría (en torno aos 8 grados) pero na que non choveu, polo que entre a carpa e as castañas moitos xa entraron en calor. A música correo a cargo do grupo “Vai de Roda” (Rianxo).