Ioga en familia, core training e cardiostep son as novas disciplinas que xa se poden practicar. Ademais, amplíase o horario naquelas de maior aceptación
As instalacións deportivas Iván Raña Fuentes inician a nova tempada de inverno cun programa de actividades dirixido a xente de todas as idades e no que figuran distintas novidades.
Por primeira vez as familias ordenses poderán practicar ioga cos seus pequenos e pequenas con idades entre os 3 e os 7 anos. Outras actividades de estrea son core training e cardiostep. A grande afluencia e aceptación rexistradas nas clases de ioga para deportistas e cross training tradúcese nunha sesión máis á semana (2 en total), o mesmo que aquagym, que pasa a ter unha cada día de luns a venres.
O resto do calendario complétase coas actividades que se veñen dando habitualmente. Estas son acondicionamento físico e sénior, TBC, stretching, tonificación, free dance, Pilates (niveis 1 e 2), hipopresivos, zumba, zumba gold, zumba infantil, ioga, GAP, BEP, cardio box, lombo san e aquazumba (horarios no seguinte enlace: https://goo.gl/su18Nh).
Cursos de natación
Por outra banda, o Departamento de Deportes do Concello de Ordes anuncia a apertura do prazo de inscrición para os cursos de natación a partir do vindeiro 17 de setembro.