O Concello de Touro pon en marcha unha completa oferta formativa para os próximos meses. Trátanse de cursos, obradoiros e charlas abertas a todos os veciños e veciñas do Concello de Touro e que tamén poden ser aproveitadas por todos os interesados e interesadas. A temática dos cursos e obradoiros e variada e está dirixida a diferentes franxas de idades. A oferta formativa abordará as ‘Novas tecnoloxías e procura activa de emprego’; ‘Carné de manipulador/a de alimentos’; ‘Monitor/a de transporte escolar’; ‘Operacións básica de cafetería e atención ao cliente’; ‘Operacións básicas de camareiro/a de pisos’; ‘Caracterización e maquillaxe infantil’; ‘Globoflexia’ e ‘Explotación de recursos endóxenos e as axudas e subvencións para a creación de empresa’. Os cursos e obradoiros desenvolveránse nos próximos meses. Para máis información e para inscricións, os interesados ou interesadas poden dirixirse ao Concello de Touro ou charmar aos seguintes teléfonos: 981.814.566 e 981.504.029.