A biblioteca municipal de Ordes vén de poñer recentemente á disposición dos seus usuarios e usuarias unha ampla lista de novidades literarias. Aproximadamente trátase de 250 novos títulos, de todos os xéneros e estilos, dirixidos a todo tipo de público, os que xa engrosan o seu amplo fondo bibliográfico, que supera xa as 19.500 referencias.
Entre os autores e autoras que figuran nas novas adquisicións figuran Diego Ameixeiras, José Emilio Bóveda, Mercedes de Vega, Xavier Quiroga, Margaret Adwood, Arturo Pérez Reverte, Graham Moore, Milagros Frías, Xavier P. Docampo ou Jöel Dicker.