Friday 22 de November de 2024

Na Pobra do Caramiñal celebraremos a Festividade de Xesús Nazareno dende o venres 14 de setembro ata o luns 17 de setembro


Dende o Departamento de Turismo da Pobra do Caramiñal informámolle que na Pobra do Caramiñal celebraremos a Festividade de Xesús Nazareno dende o venres 14 de setembro ata o luns 17 de setembro. Festas recoñecidas como de Interese Turístico de Galicia.

Haberá un amplio programa de lecer: amenización por grupos de gaitas, pandereteiras, orquestras, concertos das bandas de música nos Xardíns Valle-Inclán e actividades para os nen@s.

O día grande será o domingo 16 de setembro ás 10:30 horas, cando saia da Igrexa de Santiago do Deán a procesión votiva das mortallas; Tradición da vila dende o século XV.

O luns 17 de setembro ás 00:00 horas, último día das festas, será o gran espectáculo de fogos de artificio e acuáticos.

Encontrará mais información na páxina web: www.apobra.gal o una páxina oficial de Facebook: “Turismo A Pobra do Caramiñal”.