O sector de proxectos relacionados coa alimentación é o máis beneficiado na comarca de Carballo-Costa da Morte ao facerse con tres das cinco axudas concedidas
O delegado territorial da Xunta da Coruña, Ovidio Rodeiro, fixo balance, das axudas para a comarca de Carballo-Costa da Morte da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
As axudas consisten en subvencións a fondo perdido para realizar actuacións en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas na comunidade destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios. Neste senso, Ovidio Rodeiro destacou “o importante deste tipo de axudas é que van encamiñadas a facer que as nosas empresas do rural amplíen a súa capacidade produtiva e sexan moito máis competitivas”. O delegado territorial puntualizou que “estas axudas son unha gran oportunidade para que as nosas empresas poidan seguir medrando e mellorando as súas instalacións, unha peza clave para garantir o seu futuro”.
O delegado territorial informou que xa se pechou a convocatoria deste ano 2018 na que 97 empresas de toda Galicia recibirán axudas por valor de 30,3 millóns de euros, que suporán un investimento de 89,3 millóns de euros en Galicia. Na provincia de A Coruña no ano 2018 recibirán axuda 33 proxectos que suporán unha inversión 26,2 millóns dos que 9,2 serán de axudas.
Na comarca de Carballo-Costa da Morte serán cinco as empresas beneficiadas por estas axudas nos concellos de Laracha, Vimianzo e Cerceda que recibirán 1,2 millóns de euros para facer fronte a inversións que superan os 3,7 millóns de euros en total.
Por áreas, na comarca Carballo Costa da Morte o máis importante é o relacionado con proxectos relacionados coa alimentación especialmente o cárnico con 3 proxectos cun investimento de 3,3 millóns euros e unha axuda de 1,2 millóns de euros. Séguenlle as iniciativas relacionadas coa produción de piensos. Hai dous proxectos que recibirán unha achega de 60.000 euros cun investimento global de 240.000 euros.