Javier Méndez e Pedro Vieites proclamáronse campións da décima edición do Campionato de Pádel do Concello de Frades, que tivo lugar na pista municipal de Frades e no que participaron cinco parellas de xogadores. Méndez e Vieites reeditan deste xeito o seu trunfo da edición de 2017.
O torneo disputouse baixo o sistema de liguiña a un set (sempre cunha diferenza de 2 xogos), pasando á final as dúas mellores parellas. Nesa final, Javier Méndez e Pedro Vieites venceron á parella formada por Carlos Rivera e Marcos Sueiro por 6-0 e 6-4. Ambas parellas recibiron os seus correspondentes trofeos de man do concelleiro de Deportes, Miguel Prado Cea.