Saturday 16 de November de 2024

Mercadiño solidario no Malecón


Un total de 23 stands estanse a desplegar polo paseo do Malecón con motivo dun mercadiño solidario a beneficio da tribu Wayuu, poboación formada por 47 familias situada entre Colombia e Venezuela.

O mercadiño poderá ser visitado ata o 5 de setembro entre as 10 da mañá e a 10 da noite.

Entre os artigos que se poden mercar, produtos en prata, pedras brasileiras, cremas ou pan galego artesán e un longo etcétera. Ademais, dous dos stands estarán ocupados por outras tantas asociacións locais: Mulleres en Acción e Asociación de Amas de Casa.

A iniciativa está promovida pola ONG Wayuu coa colaboración da Concellería de Servizos Sociais.