Friday 22 de November de 2024

A xincana lingüística da Mancomunidade despediuse en Ordes dos nenos e nenas da comarca


 

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes rematou  a xincana lingüística que ao longo do verán desenvolveu por boa parte dos municipios da comarca. Esta última parada foi en Ordes, onde os nenos e nenas disputaron distintas probas na que a habilidade e a rapidez xogaron unha baza fundamental para poder descubrir as palabras agochadas.