A pista polideportiva do Sanguiñal acollerá mércores 22 de agosto, ás 22:00 horas, a última sesión das “Noites de cine” organizadas polo Concello de Lousame. Nesta ocasión, proxectarase a película “Arrugas”, un filme de animación galego baseado no álbum de banda deseñada do mesmo nome do debuxante Paco Roca. Dirixida por Ignacio Ferreras e cunha duración de 89 minutos, “Arrugas” é un achegamento ao mundo do alzheimer a través da historia de dous anciáns nun xeriátrico. No caso improbable de choiva, a proxección trasladaríase ao auditorio da Casa da Cultura.
Articulos relacionados
O ciclo está organizado pola Biblioteca do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene
diciembre 28, 2021 Comments are off 0 visitas
O programa ContandoCiencia traerá a Fene a seis recoñecidos investigadores e divulgadores científicos galegos A ...
Deputación aproba unha axuda de 103.500 euros para as obras do Centro de transformación alimentaria
mayo 29, 2020 Comments are off 104 visitas
A Deputación da Coruña celebrou esta mañá un pleno que, entre outros asuntos, levaba ...
A Xunta apela á responsabilidade e sensibilidade cidadán para evitar o abandono de animais de compañía no verán
julio 27, 2021 Comments are off 0 visitas
Belén do Campo lembra que ata o 16 de setembro concellos e asociacións poden solicitar ...
