Sunday 24 de November de 2024

Un mercadiño solidario con 23 stands a favor da tribu Wayuu despregouse polo paseo do Malecón


Dende o martes ata o 5 de setembro un mercadiño solidario despregouse polo paseo do Malecón para recadar fondos en favor de tribu Wayuu, poboación formada por 47 familias situada entre Colombia e Venezuela.

Para presentar a iniciativa compareceron no Consistorio a concelleira de Servizos Sociais, Esther Patiño, e Cesáreo Brunes no nome da ONG Wayuu. A actividade constará de 23 postos con todo tipo de artigos (produtos en prata, pedras brasileiras, cremas, pan galego artesán e un longo etcétera). Dous dos stands estarán ocupados por outras tantas asociacións locais: Mulleres en Acción e Asociación de Amas de Casa.

O mercadiño poderá ser visitado entre as 10 da mañá e a 10 da noite.

Cesáreo Brunes agradeceu á concelleira as facilidades dadas para organizar unha acción grazas á cal os membros da tribu Wayuu poderán contar non con un senón con dous pratos ao día para comer ata o mes de decembro.