O bar Tallante, sito na rúa Listres, resultou o establecemento gañador da Primeira Ruta de Tapas Mariñeiras de Aguiño, unha iniciativa que tuvo lugar os pasados días 4 e 5 de agosto a iniciativa do Concello.
Ata alí acudiron o alcalde Manuel Ruiz e os concelleiros Esther Patiño e Antonio Freire para facer entrega do obsequio que simboliza o feito de ser preferido dos clientes que quixeron votar coa proposta de polbo con cremoso de pementón e aceite de trufa. Recolleron o premio Juan José Paz e Pepita Paz.
Os establecementos participantes foron:
• O Porrón
• O Corno
• Illa de Monteagudo
• O Tallante
• O Vicanso
• Faro de Sálvora
• O Bodegón
• A Chabola
• Chiri Rebalo
• O Vitoria