Máis de 80 persoas participaron recentemente nunha viaxe por Costa da Morte organizada polo Concello de Boqueixón. Ademais das 50 persoas que se inscribiron nesta actividade tamén se sumaron os mozos e mozas que participaron no campo de traballo internacional desenvolvido na primeira quincena de agosto.
A excursión dentro do programa Coñece Galicia comezou pola mañá cunha visita ás vilas de Muxía e Fisterra, co pertinente percorrido polo faro da fin do mundo. Xa pola tarde, o grupo desprazouse ata Muros e Ézaro para descubrir os principais lugares de interese de ambas as dúas localidades.