Arredor dunha trintena de nenos e nenas de Touro despediron o14 de agosto, e ata o próximo verán o programa ‘Xullo e agosto lúdico’, que ofreceu durante o mes de xullo e a primeira quincena de agosto actividades de lecer para os máis pequenos (idades entre os tres e os trece anos) para que nais e pais residentes no concello poideran conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións de verán. No mes de xullo participaron máis de 70 nenos e nenas. Nas dúas primeiras semanas de agosto acudiron arredor dunha trintena de nenos e nenas. A programación de ‘Xullo e agosto lúdico’ incluíu unha serie de actividades que, entre outras, estivo un obradoiro de internet-infomática, obradoiro de animación á lectura e outro de xogos predeportivos e cooperativos. Tamén fixeron actividades acuáticas na piscina e multideporte e un obradoiro de reciclaxe e medio ambiente. O Concello de Touro volverá o verán do 2018 cunha nova oferta educativa e de lecer para os máis