Friday 22 de November de 2024

Sesenta veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión ao Ézaro e Muros


Un total de sesenta veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana nunha excursión ao Ézaro (Dumbría) e Muros, organizada polo Concello de Frades. O tempo acompañou, polo que desfrutaron dunha xornada de ocio na que visitaron a fervenza do Ézaro e o seu miradoiro, percorreron as rúas da vila de Muros, repousaron na praia de San Francisco (Louro) e se achegaron a lugares máxicos coma o Monte Pindo. Unha viaxe na que estiveron acompañados polo alcalde, Roberto Rey Martínez.

A próxima excursión organizada polo Concello de Frades terá como destino a Illa de Cortegada (Pontevedra) o próximo 15 de setembro. Unha iniciativa na que as persoas que se inscriban deberán elixir como chegar á Illa de Cortegada: ben facendo unha ruta de kaiak, ben trasladándose en lancha. A saída inclúe comida en Carril e visita a Arnoia. O prezo da viaxe, xantar incluído, é de 25 euros para persoas adultas empadroadas (30 euros para non empadroadas) e 20 euros para menores de 12 anos. Inscricións no Concello de Frades ata o próximo 4 de setembro.