A piques de dar comezo as festas patronais de Santa María o Concello de Ordes organizou para esta fin de semana previa o III Trofeo San Roque. O Campo de Vista Alegre congregoua numeroso público que non deixou de animar aos equipos participantes. Finalmente a clasificación estivo encabezada polo Veteráns Ordes, seguido do Poulo C.F. Veteráns, da S.D.C Órdenes Veteranos e do Mesón do Vento C.F. Veteráns. Tanto o alcalde de Ordes como a concelleira de Deportes, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, foron os encargados de entregar os trofeos aos capitáns de cada equipo. Precisamente foi aquí cando se viviu un dos instantes máis emotivos da xornada ao recoller o premio do equipo vencedor o antigo axente da Policía Local ordense José Astray Costoya.