As acrobacias aéreas e os números con lume foron o prato forte do espectáculo na alameda de Ordes, dentro do programa Unha viaxe pola cultura. Nenos, nenas e persoas adultas quedaron abraiados cos números ofrecidos por Desastronauts Circo Expresso, tendo como decorado de fondo o marco inconfundible da fachada do Concello.