Thursday 21 de November de 2024

O Concello de Noia acolle unha concentración para mañá ás 19.00 para concienciar sobre a Atrofia Muscular Espinal


O Concello de Noia acollerá mañá, sábado 11 de agosto, ás 19.00 horas unha concentración dentro do Mes de Conciencia sobre a Atrofia Muscular Espinal (AME). Trátase dunha enfermidade neuromuscular de carácter dexenerativo que leva a unha progresiva perda da forza muscular.

A concentración desenvolverase diante da Casa Consistorial noiesa e consistirá na colocación de candeas en sinal de apoio á familia dun cativo noiés que padece esta doenza. Dende o executivo local animan á veciñanza a achegarse mañá ás 19.00 horas ao Concello coas súas candeas e a sumarse a esta concentración simbólica coa que se pretende concienciar sobre as dificultades que conleva unha doenza como a AME.