Friday 22 de November de 2024

PERCORRIDOS DE 20, 30, 40 E 50 QUILÓMETROS NA XVI ANDAINA POPULAR CONCELLO DE RIVEIRA


A xa clásica cita celebrarase o sábado 1 de setembro

A Andaina Popular Concello de Riveira regresa o próximo sábado 1 de setembro con catro propostas de percorrido alternativos para os seus participantes: ademáis da distancia clásica de 50 quilómetros haberá outras máis asequibles de 20, 30 e 40 quilómetros.

O concelleiro Anxo Orellán e Moncho Sampedro, José Manuel Muñiz e Jaime López en representación da Asociación de Veciños de Carreira e da Asociación As Miñoteiras, tamén implicadas na organización, presentaron un evento no que tamén colaboran Senda XXI e Arousa Neo que arrancará da Fieiteira ás nove da mañá.

Miradoiros
Este ano, o trazado terá forma de 8 e atravesará entre outros puntos o peirao feninio, Castro da Cidá, o parque de San Roque, A Fieiteira, Pedra das Cabras ou a senda fluvial do río Artes. En cada edición búscase unha liña argumental que, nesta ocasión —explicou Moncho Sampedro— serán os miradoiros, algúns habilitados como tal e outros máis descoñecidos. Así, tocaranse os existentes nos Castelos, Pedra da Ra, San Roque, As Lobeiras e no monte da Fieiteira por enriba do dolmen de Axeitos.

Ao rematar a actividade, os participantes poderán utilizar os servizos da piscina municipal da Fieiteira, tales como a piscina, a sauna ou o spá.

Os interesados poden inscribirse en www.riveira.gal ou a través da plataforma emesports.es. O prezo de inscrición son ata o 30 de agosto de 14€ para as persoas federadas e de 16€ para os non federados. A partir desa data aumentarán ata os 25€ en ambos casos.

A cita é valedeira para a Copa Galega de Andainas de 50 Kilómetros. De feito, é a decana desta iniciativa entre as andainas aínda existentes na actualidade.

Dende a organización, que integra a arredor de 40 persoas, recordouse que co obxectivo de deixar a menos pegada ecolóxica posible serán os propios participantes os que teñen que portar o seu propio bidón, vaso o cantimplora cos que ir abastecéndose nos puntos de avituallamento.