Turno para o teatro dentro do programa cultural de verán organizado polo Concello de Ordes. A compañía Ghazafelhos ofreceu na tarde de onte tres relatos da obra ‘As mil e unha noites’, representación para a que contaron incluso con xente do público. Debido ás condicións meteorolóxicas a cita non se puido celebrar na alameda e trasladouse ao auditorio da Casa da Cultura.