Friday 22 de November de 2024

Abre o prazo de inscrición para a VII Feira de Oportunidades


Os comerciantes de Ordes poderanse inscribir dende mañá ata o vindeiro día 20 no Concello. Habilitaranse 13 postos que se asignarán por sorteo

A sétima feira de oportunidades organizada polo Concello de Ordes celebrarase durante os días 6, 7 e 8 de setembro no primeiro andar da Praza de Abastos. Nela poderán participar exclusivamente comerciantes que teñan establecemento aberto ao público en Ordes.

O prazo para inscribirse arrancará mañá venres no mesmo Concello, e manterase aberto ata o vindeiro día 20 do presente mes. O horario irá dende as 9 ata as 14 horas. A reserva de espazo será dada por rigorosa orde de chegada. A asignación dos postos habilitados, 13 en total, será mediante sorteo, o cal terá lugar o vindeiro día 21. Como en ocasións anteriores os produtos obxecto de venda estarán relacionados co téxtil, calzado, bixutería, cerámica, decoración, marroquinería etc.