A fin de semana máis musical da alameda ordense acaba de ter lugar. Caída a tarde do sábado e do domingo o programa Unha viaxe pola cultura achegou ata a vila unha nova entrega da Xuntanza de Bandas de Música e do Encontro Folclórico, que centos de veciñas e veciños agradeceron con sonoros aplausos.
Os protagonistas da XIX Xuntanza de Bandas de Música foron os integrantes da Banda de Música de Ordes e da Banda de Música Santiago de Arteixo. Xa o domingo o encontro folclórico estivo encabezado polas asociacións Camiño Real de Poulo, Veciños de Leira, Sementes da Arte e o grupo Somos Nós.
José Luis Martínez Sanjurjo e José Manuel Mira, rexedor e concelleiro de Cultura de Ordes, asistiron a ambas actuacións e entregaron placas conmemorativas.