Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscrición para as Actividades Físicas e Deportivas para adultos 2018-2019


Ofértanse catro disciplinas con sesións tanto no ximnasio municipal como en distintas parroquias

O Concello de Boqueixón vén de abrir o prazo de inscrición para as Actividades Físicas e Deportivas para adultos para o curso 2018-2019. Ofértanse un total de catro disciplinas (Pilates, Zumba, Bailoterapia e Ximnasia de Maiores) que cuxas sesións se desenvolverán tanto no ximnasio municipal (en O Forte) como en distintas parroquias (máis concretamente, en Ponte Ledesma, Lestedo, Camporrapado, Sergude e Lamas).

As inscricións para estas actividades, que se estenderán dende setembro de 2018 a xuño de 2019, deberanse formalizar Departamento de Cultura (cultura@boqueixon.com – 981 513 115). Alí deberase entregar a ficha de inscrición correspondente, que se pode descargar en www.boqueixon.com. Dende o Concello recomendan inscribirse canto antes, xa que as prazas son limitadas.

Para poder realizar ditas actividades requírese un grupo mínimo de 10 persoas por grupo e un máximo de entre 15 e 20, dependendo do espazo no que se desenvolvan. Poderán participar nelas menores con idades comprendidas entre 15 e 18 anos, sempre que teñan autorización.

A oferta de actividades é a seguinte:

Actividade Lugar Horario Custo Prazas
PILATES – Grupo I (iniciación) Ximnasio municipal Martes e xoves – 19:15 h. 15 €/mes 15
PILATES – Grupo I (avanzado) Ximnasio municipal Martes e xoves – 20:15 h. 15 €/mes 15
PILATES Ponte Ledesma Mércores 17:30 h. e venres – 16:30 h. 15 €/mes 15
PILATES Lestedo Martes e xoves – 21:30 h. 15 €/mes 15
ZUMBA Camporrapado Luns e mércores – 19:00 h. 15 €/mes 20
ZUMBA Ximnasio municipal Luns e mércores – 20:15 h. 15 €/mes 15
ZUMBA Lestedo Luns e mércores -21:30 h. 15 €/mes 20
ZUMBA Sergude Martes e xoves – 20:30 h. 15 €/mes 20
BAILOTERAPIA Ximnasio municipal Luns – 19:00 h. 10 €/mes 20

XIMNASIA MAIORES Sergude Luns e mércores- 16:00 25 €/tempada —
XIMNASIA MAIORES Lestedo Luns e mércores -17:00 25 €/tempada —
XIMNASIA MAIORES Lamas Martes ( 16:00) 15 €/tempada —
XIMNASIA MAIORES Ponte Ledesma Martes e xoves ( 18:00) 25 €/tempada —
XIMNASIA MAIORES Ximnasio municipal Martes e xoves ( 19:00) 25 €/tempada —

No caso da Ximnasia de Maiores, pódense solitar grupos a maiores noutras parroquias, sempre e cando conten cun mínimo de 10 participantes.

Para máis información, pódese contactar cos Departamentos de Cultura (horario, de luns a venres de 09.00 a 14.30 horas) e de Deportes nos e-mails cultura@boqueixon.com ou deportes@boqueixon.com, ou nos teléfonos 981 513 115 ou 636 731 721, respectivamente.