Friday 22 de November de 2024

O Abacco e o Little Coffe álzanse cos premios do cuarto concurso de tapas ‘De bo dente’


A cuarta edición do concurso de tapas De bo dente xa ten gañadores oficiais. No apartado dos premios outorgados polo público a tapa que máis gustou e que resultou premiada con 160 € foi a tosta de solombo con queixo de cabra, cebola confeitada e marmelada de grelos do bar Abacco. O segundo e terceiro lugar foron para o coulant de polbo e o cebiche de rape con froitos secos e aroma de lima do Little Coffee e Doniña respectivamente. Este ano por primeira vez o Concello de Ordes, organizador do concurso, estableceu un premio especial por parte dun xurado profesional. O coulant de polbo do Little Coffe obtivo acadou o primeiro posto, seguido do bar Feitizo coas súa Velas enfeitizada e do bar Saloon cunha deliciosa Mousse de salmón con queixo peregrino Casa Grande de Xanceda. Neste caso o primeiro premio estivo dotado con 200 euros.
O acto de entrega dos premios estivo encabezado polo acalde de Ordes e o concelleiro de Comercio, José Luis Martínez Sanjurjo e José Manuel Rodríguez respectivamente.
O público tamén obtivo premios como viaxes, estancias, vales desconto para comercios locais ou o peso do agraciado en cervexa foron algúns deles. Todo grazas á colaboración de Estrella Galicia, Peteiro decoración, Sportec ou Eurofrut.
Un ano máis cabe destacar a implicación e grande participación dos establecementos e da veciñanza de Ordes na que, a día de hoxe, xa é unha das grande convocatorias gastronómicas do municipio. Un xeito co o Concello de Ordes, organizador do evento, quere incentivar a cultura das tapas, á par que promove e dinamiza a hostalería local. En total participaron 13 bares e restaurantes. Este foron: EL TÚNEL, A BARRICA ADEGA, CERVEXERÍA ISLIA, CERVEXERÍA O 27, ABACCO, LITTLE COFFEE, BLACK & WHITE, CAFETERÍA SAN ROQUE, EL SALÓN, CAFETERÍA DONIÑA, BAR MARAL, FEITIZO e BAR CORREOS.
Tamén hai que destacar o apoio das seguintes firmas comerciais: Distribucións Toribio Viqueira, bodegas Carballo, Doblanc fotodepilación e estética, Alexandra Maneiro peluquería, Futur Viajes, Sportec Ordes, Don Adrián zapatería, Manuel Rodríguez, Anhelos, Eurofrut, Peteiro decoración, Alfombra Roja zapatería e almacéns Cancela.