Friday 22 de November de 2024

A Xunta investirá máis de 391.000 euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos da Comarca da Coruña


A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financia este tipo de traballos con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e con cargo a fondos propios da Orden de Infraestruturas
O delegado territorial da Xunta na Coruña anunciou as axudas que este ano distribuirá a Xunta de Galicia nos concellos da comarca da Coruña. En total, repartiranse 391.668 euros para facer obras en Abegondo, Aranga, Arteixo, Curtis, Irixoa, Miño, Sobrado, Vilasantar, Consorcio As Mariñas, Oza-Cesuras, Paderne e Sobrado.
Ovidio Rodeiro destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.
Entre as actuacións máis importantes destacan a implantación de pluviais en varios concellos de Oza-Cesuras cun investimento de 84.000 euros, a mellora da traída de augas municipal en Aranga, cunha axuda de 39.000 euros ou o proxecto de mellora da iluminación en varias parroquias de Curtis cun custe de 40.000 euros.
Estas novas actuacións previstas para o 2018 financiaranse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e con cargo a fondos propios da Orden de Infraestruturas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.