A mañá do terceiro día de festas trouxo música, inchables e unha exposición á cidade de Riveira.
Concretamente, e ademais de sonar polas rúas os sons da Banda de Música Eduardo Poldal, na praza do Concello estívose a desenvolver unha nova edición de Riveiralandia, con inchables e outros xogos infantís para o disfrute dos pequenos. Agora ben, por mor da intensa calor, esta actividade trasladouse de 18 a 20 horas á máis sombreada rúa Galicia (tramo entre Rosalía de Castro e Porta do Sol), agás a festa da escuma que se mantivo na praza consistorial.
Por outra banda, a Galería O Faiado foi escenario ao mediodía da inauguración da exposición “Pel” de Belén Rodríguez Pazo (Melide 1963). Comprende 8 acuarelas, 4 óleos e 5 fotografías con tres temáticas características: o feminismo, as fadas e outras criaturas máximas, e a natureza. Estará aberta ata o 1 de setembro.
Entre os asistentes ao acto inaugural estivo presente o concelleiro Víctor Reiriz Lampón.