Saturday 16 de November de 2024

Touro celebra o próximo domingo, 5 de agosto, a súa tradicional ‘Feira dos Emigrantes’


O Concello de Touro acolle o próximo domingo, día 5 de agosto, a súa tradicional ‘Feira dos Emigrantes’. As rúas de Fonte Díaz, capital do Concello, serán o escenario da cita para veciños e forasteiros. Todos os ‘días 5’ de cada mes hai feira en Touro, pero a do mes de agosto cobra especial relevancia porque sirve para que os veciños de Touro que emigraron a outras zonas de España ou de Europa en busca de traballo poidan reencontrarse. Personas que residen durante todo o ano en Cataluña, País Vasco, Suiza ou Alemania volven no mes de agosto ao concello coruñés e a feira convírtese nun lugar para o reencontro. O Concello de Touro poñerá buses a disposición dos vecinos que quieran acudir á feira. Sairán dende as parroquias ás 10.00 horas e regresarán ás 16.00 horas.

A partir de las 12.00 horas está prevista a actuación da charanga ‘O Santiaguiño de Padrón’, que animará a xornada de compras nos postos nos que se instalan dende primeira hora da mañán nas rúas de Fonte Díaz. Tamén estarán instaladas as pulpeiras, tradicionais no día dedicado aos emigrantes. Coa celebración da ‘Feira dos Emigrantes’ comenza un mes de agosto cheo de actividades no municipio coruñés. O domingo 12 de agosto esta prevista a celebración da Festa dos Maiores de Touro.