Este venres terá lugar o Día do neno e da nena con xogos, pista americana, tobogáns, inchables, futbolín humano, gardería, obradoiro de maxia, flocos, xeados etc, e que culminará cunha gran festa da espuma
Trío Refugallo foron os encargados de inaugurar o programa estival Unha viaxe pola cultura. Máis de 200 persoas desfrutaron na tarde de onte dun espectáculo interactivo e participativo dirixido por Fran Rei, no cal se mestura clown e música feita con instrumentos construídos con materiais de refugallo. Un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo e co que a veciñanza de Ordes o pasou en grande.
Esta tarde a maxia será a protagonista da man de ‘Kenneth Illusionist’. Ao igoal que onte a alameda de Ordes servirá de escenario principal a partir das 20 horas.
Por otra banda os nenos e nenas terán o seu día grande mañá venres, 3 de agosto. O Día do neno e da nena dará comezo a partir das 17 horas no Campo da Feira onde, un ano máis, Garabato de Xogo traerá a Ordes a diversión e o entretemento. Obradoiros de maxia, xogos, gardería, barredoras para brincar, pista americana de obstáculos, tobogáns, inchables, futbolín humano, circuítos de triquetg, animacións, xeados, flocos de millo etc serán algunhas das actividades programadas.
Como é costume unha gran festa da espuma porá o punto e final a esta celebración, polo que se aconsella aos cativos e cativos vir provistos de roupa de baño, chancletas e toalla. No caso de que as condicións meteorolóxicas o requiran a cita trasladarase ao pavillón Campomaior.