Saturday 16 de November de 2024

Lara López, campioa nacional de Relevo Sprint Praia


Novo logro para a deportista ordense Lara López. Esta fin de semana xunto as súas compañeiras do Club Sasa, Amanda Fernández, Irene Lasarte e Paula Agra, veñen de proclamarse campioas de España absolutas na proba de Relevo Sprint Praia no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo Absoluto, desputado en Noja (Cantabria). Trátase do único ouro absoluto para Galicia obtido nesta competición. Un bo remate de tempada para a socorrista local despois de proclamarse hai escasos días campioa galega absoluta na proba de Sprint Praia.