Saturday 16 de November de 2024

Álex Millet tocará como teloneiro da Banda Tributo a Amy Winehouse tras impoñerse no I Concurso de Artistas e Bandas de Riveira


Co 24,6% dos votos emitidos, o cantante de Aguiño Álex Millet resultou vencedor do Primeiro Concurso de Artistas e Bandas de Riveira, o que lle permitirá actuar como teloneiro á Banda Tributo a Amy Winehouse durante as Festas de Verán: unha actuación que terá lugar este venres ás 12.30 da noite en Bandourrío.

Así o deu a coñecer esta mañá a concelleira de Cultura, Herminia Pouso, nun acto no que tamén estivo presente o propio Álex Millet, que nrecibirá ademais 550 euros de premio.

O segundo e terceiro postos (con premios de 300 e 150 euros e un concerto o xoves 2 ás doce da medianoite en Bandourrío) foron para Sweet Lemon Days (21,9%) e Xeva (18,7%). Agora ben, ambos renunciaron por razóns persoais, co cal actuarán os que quedaron en cuarto e quinto lugar: Cromer e Dislexia.

2.137 votos
En total foron 2.137 persoas as que cos seus votos telemáticos decidiron a clasificación entre os 7 candidatos entre o 1 ao 28 de xullo logo dunha primeira criba entre unha vintena de aspirantes.

O concurso estivo organizado polo Concello e Musieventos.