Tamén visitaron a praia de Cabanas e o lago das Pontes
Máis de cincuenta persoas participaron esta fin de semana na excursión do Concello de Frades ao Parque Natural das Fragas do Eume. A viaxe ofreceu dúas opcións para axeitarse ás posibilidades e intereses de cada participante.
Deste xeito, unha parte do grupo puido empregar a mañá nunha visita libre pola zona, vendo o Mosteiro de Caaveiro ou a ponte colgante de Fornelos, entre outros atractivos do lugar, e o resto da xente dedicou ese tempo a completar unha ruta de sendeirismo que os levou a Pontedeume, ao Mosteiro de Caaveiro, á Ponte de Santa Cristina, ao río Eume, ao río Senín e á ponte colgante de Fornelos.
Xa pola tarde, despois de xantar, todos os participantes na excursión visitaron a praia da Madalena, en Cabanas, e o lago das Pontes, creado sobre a antiga mina que abasteceu a central térmica. O alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro responsable da área de Maiores, Jesús Francos.